Esta situación agrávase coas elevadas cifras de fraude fiscal existente no Estado, que se estima (GESTHA, sindicato de técnicos de Facenda) en 59.515 millóns de euros, dos cales o 71,8% corresponde á evasión e fraude fiscal das grandes fortunas, corporacións empresariais e grandes empresas. Calcúlase que as actividades que escapan ao control do fisco supoñen en torno a un 23% do PIB, mentres que a media da Unión europea sitúase nun 13%.
Por tanto, unha acción decidida a combater a fraude fiscal que acadase reducilo até a media europea, suporía uns ingresos adicionais de 25.000 millóns de euros anuais.
Por tanto, unha acción decidida a combater a fraude fiscal que acadase reducilo até a media europea, suporía uns ingresos adicionais de 25.000 millóns de euros anuais.
— Programa electoral BNG

